Drácula (Galego)
¿De qué trata?
Jonathan Harker viaxa a Transilvania pra pechar un negocio cun misterioso conde, sen imaxinar que ese encontro marcará o inicio de algo moito máis escuro. A través de diarios, cartas e testimonios, a novela relata a chegada do conde Drácula a Inglaterra, onde comezan a sucederse extraños acontecementos; enfermidades, comportamentos alarmantes e unha presenza que parece moverse na sombra. Non é só un retrato de vampiros, senón que estamos a falar dunha novela sobre o medo e o desexo ambientada nunhna atmósfera escura e moi envolvente onde o perigo se insinúa.
O autor e a novela
Bram Stoker publicou Drácula en 1897 en plena época victoriana, combinando elementos do folclore europeo con inquietudes modernas sobre a ciencia, a sexualidade e o descoñecido.
Cunha estructura epistolar a novela redefiniu o xénero de terror e deu forma ó arquetipo do vampiro tal como o coñecemos hoxe.
Por qué ler esta historia
Porque é a orixe dun dos mitos máis duradeiros da literatura. Drácula combina terror, misterio e tensión psicolóxica, creando unha historia que marcou a cultura popular.
Ideal pra
Lectores que se divirten con clásicos inquietantes, atmósferas góticas e narracións construidas a través de múltiples voces. Perfecto pra quen busca unha lectura envolvente e con carácter
Escollemos esta edición porque…
É desas edicións que apetece ter nas mans.
En tapa dura, ilustrada e cun deseño moi coidado, converte Drácula nun libro pra ler sen presa e redescubrir o clásico dende outro lugar, pra conservar na biblioteca ou pra regalar.
Sobre el autor