Ler en galego non é unha obriga. É un privilexio.
É atopar palabras que soan a casa.
É recoñecer expresións que che fan sorrir sen saber moi ben por qué.
É ler historias que falan do noso.
En Gulungus non creemos que haxa que ler en galego “porque toca”.
Creemos que hai libros en galego que son unha auténtica pasada.
Dos que subliñas. Dos que recomendas. Dos que acabas colocando de cara na estantería.
Queremos afastarnos desa idea de que a literatura galega é algo serio ou distante. Porque non o é.
Porque unha lingua tamén se mantén viva así:
pasando páxinas.